EN COMÚN - Bolsas e axudas da Asociación Cultural Musical Luis Nieves.

El periódico EN COMÚN da la noticia de la convocatoria de becas musicales de la Asociación.   

                  

               CRÓNICA DO SUR DE LUGO


A ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL LUÍS NIEVES CONVOCA BOLSAS PARA AXUDAR A QUE MOZOS E MOZAS (ATA 30 ANOS) CON MENOR PODER ADQUISITIVO POIDAN ACCEDER A ESTUDOS MUSICAIS DE CALIDADE.


                                   

• Redacción – MONFORTE.
O traballo incansable de Rosa Nieves, mantendo viva a memoria do seu fillo, o mozo músico monfortino falecido prematuramente en 2019, na Asociación Cultural Musical que leva o seu nome permitiulle conseguir fondos suficientes para unha nova convocatoria da bolsa Luís Nieves, que contribuirá a cubrir os gastos de estudos musicais a mozos con dificultades económicas. Poderán solicitarse na sede da asociación na rúa Roberto Baamonde 36, ou na Escola de Música Moderna de Monforte. Hai que destacar a gran acollida que esta iniciativa tivo dentro do mundiño musical da provincia. Para mostra un botón, a banda Barbarian Prophecies, doou á asociación a recadación de venda de merchandising de 200€ obtido tras a súa actuación no Club Clavicémbalo. Unha iniciativa admirable, que desexamos teña o apoio que sen dúbida merece.•

https://encomun.es/2021/09/27/a-asociacion-cultural-musical-luis-nieves-convoca-bolsas-para-axudar-a-que-mozos-e-mozas-ata-30-anos-con-menor-poder-adquisitivo-poidan-acceder-a-estudos

Comentarios

Entradas populares